Xente de barrio

E ti? De quen ves sendo?

En Galicia somos moi de barrio, de sentirnos orgullosos do noso curruncho dentro da nosa cidade.

Con ese espírito, tres rapaces botamos a andar esta idea, para surtir á xente de barrio que se sinte orgullosa de selo. Mola levar camisetas de New York ou de Los Angeles, pero mola máis levar unha camiseta do teu propio barrio.

Porque un barrio o conforman moitas cousas, pero primeiramente o que o representa son as persoas que o habitan: os que viven nel nese momento, os que naceron nel, ou mismamente so viviron unha etapa da súa vida pero que os deixou marcados polo carácter de ese barrio. O conforman tamén os seus edificios, que non teñen por que ser patrimonio da humanidade nin grandes obras de enxenería pero que levan toda a súa vida impertérritos definindo a silueta do teu barrio, as expresións, o nome das rúas, a orografía ou a morfoloxía xeográfica….. Todas son cousas que temos na mente á hora de deseñar os produtos que ofrecemos nesta tenda.

Iniciamos con 12 BARRIOS DE CORUÑA, 12 BARRIOS DE CARÁCTER onde a xente sinte moito orgullo de pertenza, pero isto non é unha lista pechada. Se ti te ves orfo do teu produto que te representa, non o dubides, mándanos a túa suxerencia e acompaña a mesma co máis característico do teu barrio, o que che gustaría que estivese nese deseño. Teremos todas as opinións e suxerencias en conta de cara a ir sacando novos modelos.

Tes claro xa cal é a camiseta que máis te define?

Atopa o teu barrio nas imaxes de abaixo
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!
atopa o teu barrio!

Eu, coruña

Pero por se non atopaches o teu barrio, ou realmente o que te sintes é simplemente coruñes…

Para ti temos algo especial

Diseño camiseta Eu, Coruña - Xente de barrio
EU, CORUÑA