Filosofía do barrio
Tentamos producir produtos para xente que vive preto de nós, e axudar tamén as empresas que traballan preto de nós.
Todo é producido de xeito local, agás o material sobre o que facemos as impresións: serigrafía, papelería, mensaxeira; Todo engade valor a nosa comunidade.
O noso provedor téxtil Stanley/Stella cumpre cos estándares Europeos de calidade no traballo. As 5 fabricas asociadas contan coa certificación GOTS e son auditadas po la Fair Wear Foundation, da que Stanley/Stella e un recoñecido membro.
A base é o respeto. Vivir en conformidade coa ética e o desenvolvemento sostible parécenos o natural. Respectamos a pel utilizando materiais suaves, respectamos as persoas que producen as nosas prendas en condicións de traballo dignas e respectando tamén o mundo no que vivimos, limitando o noso impacto sobre o medio ambiente.
Todos os nosos produtos son elaborados con algodón ecolóxico, nunca algodón convencional.
O algodón ecolóxico e una fibra natural, sen organismos modificados xeneticamente (OMG), que require un consumo de auga moito menor que o algodón convencional. Porén, o mais importante e que a sua produción non require de produtos químicos ( nin abonos, nin pesticidas) e favorece a rotación de cultivos para manter os terreos sans, fértiles e húmidos, algo que levamos a facer xeracións en Galicia. En canto a os residuos xerados polo desmontado do algodón, estes recíclanse para a industria de alimentación animal.
QUE SIGNIFICA GOTS: 4 LETRAS QUE MARCAN A DIFERENZA
GOTS responde as siglas da etiqueta Global Organic Textile Standard. Tratase da certificación mais estrita en materia de téxtiles de fibras biolóxicas. Asegura a trazabilidade das fibras, a ensamblaxe das pezas e produto final antes da impresión, mesmo a exportación dende Asia. Certifica que o algodón de Stanley/Stella se cultiva sen OMG, sen produtos químicos e se transforma e tingue sen utilizar sustancias tóxicas prohibidas.
Amais, GOTS garante o cumprimento das normas sociais da Organización Internacional do Traballo ao longo de toda a sua cadea de produción.
CERTIFICACIÓN PETA
Tamén nos comprace anunciar que o noso provedor conta coa certificación PETA. Esto significa que non realizan nin encargan ningún ensaio animal sobre ingredientes, formulacions ou productos rematados e se comprometen a non facelo nunca. Amais, a nosa roupa esta feita de materiais 100% VEGANOS, para que teñas a seguridade de que non se fixo dano a ninguén durante a sua creación.