Guía de compra

Como mercar os nosos produtos?

Para poder mercar algún dos nosos produtos cómpre que esteas rexistrado como Xente de Barrio na nosa web, se aínda non o fixeches podes facelo aquí.

Unha vez rexistrado, debes acceder ao apartado “ A tenda do Barrio” no que aparecerán os diferentes barrios, que configuran a nosa oferta on-line: Camisetas, suadoiros…

Accede ao barrio e elixe talla e cor, no caso de que exista nese produto. Unha vez elixido o produto que desexas mercar fai click sobre o botón mercar.

Mentres manteñas aberta a sesión os produtos se gardarán no carriño da compra (Localizable na parte superior dereita da paxina web).

Prezos

Pagaras o mesmo por mercar os nosos produtos na nosa web ou nos nosos negocios de barrio colaboradores.

Iso si, sendo usuario rexistrado, terás acceso a promocións exclusivas en modo on-line.

Forma de pagamento

Escolle a forma de pagamento que prefiras. Temos dúas opcións. Tarxeta( Visa, Mastercard) ou Paypal. Todas elas están securizadas e solicitan a autorización do teu banco ou a Paypal.

Tamén podes seleccionar recoller a túa compra nunha das nosas tendas de Barrio colaboradoras, e aforrar uns euriños nos gastos de envío.

Están seguros os meus datos?

Temos un compromiso real coa protección de datos persoais, polo tanto podes ficar tranquilo no senso de que estes datos que ti nos facilites, non van a ser utilizados nada mais que para facerte chegar o produto adquirido e no caso en que nos deas o teu consentimento expreso, tamén podes recibir no teu correo electrónico algunha promoción puntual para Xente de Barrio coma ti.

Podes ficar tranquilo, non vai chegar ningunha oferta de aspiradoras ou seguro de decesos, os teus datos son teus e den ninguén mais.

En termos legais garantimos que en calquera momento podes exercer os dereitos de cancelación, acceso ou rectificación que establece a Ley de Protección de Datos.

Conforme a Ley Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal ( LOPDP), informámoste que cubertos os formularios, os teus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros automatizados de DEQUENVESSENDO S.C.

A principal finalidade de este ficheiro e a de manter a relación contractual cos nosos clientes, facilitar a tramitación dos pedidos, asi como o envío de información relativa a os produtos e servizos que comercializamos.

Só pedimos aqueles datos necesarios para a prestación do servizo requirido e unicamente serán empregados para esta fin. Amais, se xa non queres ser Xente de Barrio, sempre tes o teu dereito a acceder, cancelar ou rectificar en contacto@xentedebarrio.es

Envíos

Tódolos envíos a cidade realizaranse de forma prioritaria a través de medios que non emitan CO2 mediante, e terás o teu pedido na casa ou na tenda do barrio colaboradora nun prazo de entre 24 e 72 horas, no case de ter stock dispoñible. Nos casos dos envíos fora da cidade realizaranse via empresa de mensaxeira en un prazo máximo de 5 días.  En tódolos casos os gastos de envío teñen unha tarifa plana de 5€,  agás nos casos dos envíos as tendas de barrio colaboradoras que se reducirán a 2,5€.

Se vives nas illas Canarias, illas Baleares Ceuta ou Melilla os gastos se envío serán 11€, cun prazo de entrega de 7 días de produtos en stock.

Se estas en New York ou en Melbourne, e queres a tua camiseta de Monte Alto, non hay fallo, ponte en contacto con nos e miraremos a forma de facer o envío do xeito de menor prezo.

No caso de que os produtos estean esgotados, sempre poderás facer una reserva e nos poñeremos en contacto coa fábrica o máis axiña posible, para atender as vosas solicitudes.

Hai que ter en conta que neste caso os prazos de dispoñibilidade oscilarán entre 20 e 30 días desde o momento da reserva do produto.

Pedidos

Lembra que en calquera momento podes cancelar o pedido, e dende o carriño da compra poderás eliminar os artigos que non desexas, sempre que non tramitases o pedido.

Unha vez feito o pedido, recibiras un email de confirmación. Se non o recibes, ponte en contacto con nos a través do departamento de atención ao cliente en pedidos@xentedebarrio.es

Devolucións

Dubidamos moito que unha vez teñas o produto do teu barrio nas túas mans queiras devolvelo, mais de todo hay na viña do señor.

Nese caso, tes un prazo de 15 días dende a recepción do envío (sempre que non estean usados, modificados e se encontren en condicións óptimas). Tes que enviar o teu produto de volta a DEQUENVESSENDO S.C. Rua Santo Tomas, nº 73 baixo 14, 15002, A Coruña.

Os custos do envío xerados pola devolución corren da tua conta, agás se o produto que nós enviaramos estea deteriorado, cousa que non vai pasar, so nese caso correríamos cos custos de Devolución.

Non obstante, como o carto e o carto…. Comprometémonos a facerche un vale de compra para outro dos nosos produtos válido durante 6 meses, mais non realizamos a devolución dos cartos.